Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
NovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e GastronomíaServizos Mancomunados
Cerceda  |  Frades  |  Mesía  |  Ordes  |  Oroso  |  Tordoia  |  Trazo

A Casa da Escola

 620 092 648 / 981 689 209  |    info@acasadaescola.com  |  

A Casa da Escola é unha edificación de finais do século XIX destinada á educación dos máis pequenos e hoxe en día rehabilitada coidadosamente para gozar do lecer do turismo rural en Galicia.

A casa distribúese en tres plantas: planta baixa, planta primeira e baixo cuberta, perfectamente equipadas e amobladas.

No exterior dispón dunha ampla zona axardinada, aparcadoiro e unha zona con grellas e mesas.

A tan só 15 km de Santiago de Compostela, situada no lugar de Xavestre no concello de Trazo, permite ao turista coñecer unha morea de recunchos turísticos da xeografía galega. Percorrer os cantís da Costa da Morte, gozar de praias de area fina nas Rías Baixas, abrazar ao Apóstolo Santiago ou visitar o faro romano da Torre de Hércules son algúns exemplos.

A Casa da Escola forma parte dun núcleo de casas do rural galego rodeadas de verdes pradarías e frondosos bosques de piñeiros e eucaliptos que convidan á tranquilidade.

 A Casa da Escola

Onde te queres aloxar?
Nome
Zona de?
Categoría


Restaurantes da zona
Restaurante Manteiga
Mesía (33.52 km)
Casa Rosinda
Trazo (3.88 km)
Casa Noya (Araguaney)
Trazo (11.65 km)
Hotel Restaurante Santa Cruz
Ordes (15.87 km)
O Mesón de Deus
Ordes (20.52 km)