Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
NovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e GastronomíaServizos Mancomunados
Cerceda  |  Frades  |  Mesía  |  Ordes  |  Oroso  |  Tordoia  |  Trazo

Casa Rosinda

 981 699 035 / 609 832 010  |    info@casarosinda.com  |  

Modélica casa rural próxima ao paraíso de Chaián. Unha antiga casa de labranza que conserva  o seu hórreo como símbolo e todo un contorno pétreo magnífico. A súa edificación orixinaria data de principios do século XX e corresponde a unha tipoloxía de arquitectura tradicional.

Cuns acolledores cuartos onde aloxarse e uns agradables salóns para relaxarse, Casa Rosinda funciona ademais como restaurante, onde se poden degustar exquisitos produtos relacionados co campo. Hai que probar aquí unha das súas especialidades, a costeleta de boi, para obter así unha boa mostra da gastronomía do municipio.

Casa Rosinda, como diciamos, para descansar, e o seu contorno para desfrutalo. Porque  o contorno é a área de recreo mellor dotada de todo o curso do Tambre a unha e á outra beira. E isto demóstrano o gran número de excursionistas que, cando é verán, deixan a praza do Obradoiro para ir comer a Chaián ou simplemente a refrescarse.

Casa Rosinda

Onde te queres aloxar?
Nome
Zona de?
Categoría


Restaurantes da zona
Restaurante Ferreño
Mesía (39.71 km)
Bar Nieto
Trazo (1.82 km)
Pizzería J. Noya
Trazo (3.85 km)
Parrillada Ramiro
Ordes (20.27 km)
Casa Zapateiro
Mesía (40.30 km)