Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
NovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e GastronomíaServizos Mancomunados

Concello de Frades

ParroquiasO termo municipal de Frades atópase na provincia da Coruña, dentro da Mancomunidade de Ordes, cunha superficie de 81,73 km cadrados. O seu territorio divísese en doce parroquias, cunha poboación de 2.970 habitantes.

En virtude do Decreto do luns 26 de decembro de 1836 (BOP núm. 221 da provincia da Coruña) foi constituído este Concello. Na sesión plenaria do 24 de xullo do 1991 foi aprobado o Escudo Municipal pola corporación.

Atópase rodeado polos municipios de Ordes ao Norte, Mesía ao Noroeste, O Pino, Arzúa e Boimorto ao Sur, e Oroso ao Oeste. A principal vía de comunicación que o atravesa é a N-634 de Ribadeo a Santiago por Curtis. Dende o lugar de Ponte Carreira a Santiago hai 27 quilómetros.

O relevo das terras de Frades caracterízase por unha suave ondulación de altas zonas, sen grandes contrastes, cunha lixeira inclinación cara ao suroeste. O río Tambre sérvelle de límite meridional, así como o seu afluente, o Samo, fai de fronteira con Ordes. As maiores alturas están no límite con Mesía.

Alí está o Rego Escuro, que alcanza os 441 metros. Próxima á parroquia que lle dá o seu nome ao concello levántase a capela de San Nicolás sobre outra das máximas alturas, o monte do mesmo nome, de 420 metros.

A poboación de Frades é de 2.670 habitantes e atópase diseminada polos 81,7 quilómetros cadrados cunha densidade de 43,4 habitantes por quilómetro cadrado, bastante baixa en relación coa media provincial. A aglomeración urbana máis importante é Ponte Carreira.

As características do clima son as xerais destas terras. É temperado, oceánico e húmido, con precipitacións anuais por encima dos 1.400 milímetros. O mes máis chuvioso é o de decembro, e o máis seco, o de xuño, que con xullo e agosto padecen unha certa seca. A riqueza do concello está baseada nas actividades gandeiras, principalmente, e tamén nas agrícolas e forestais. En Ponte Carreira celébrase unha feira os días 12 e 26 de cada mes e en Abellá o primeiro venres de mes.

As comunicacións por estrada son moi cómodas dende calquera cidade de España e Portugal. Unha rede de interior de estradas fai moi fácil o desprazamento dentro da provincia.
DENDE SANTIAGO DE COMPOSTELA:
N-634 Santiago – Irún: Frades dista 32 quilómetros da capital de Galicia.
Por autoestrada A9 , na saída 41 de Ordes dirección Abellá.
DENDE A CORUÑA:
N–550 A Coruña – Santiago (47 quilómetros): Desvío na vila de Ordes dirección Ponte Carreira.
Pola autoestrada A9, na saída 41 de Ordes dirección Abellá.
DENDE LUGO:
Pola autovía A6 (Madrid – A Coruña), e enlazando coa N-634 dirección Santiago (68 quilómetros)

De Frades parten outras estradas que enlazan con todos os lugares e aldeas do municipio. Segundo o Nomenclátor a capital municipal é San Mauro, pero a Casa do Concello atópase nun lugar illado, próximo á aldea de Cimadevila e xunto a unha fermosa carballeira, na vía que une Ordes (13 quilómetros) con Ponte Carreira (5 quilómetros). Dende as proximidades da Casa do Concello arranca outra estrada a Sigüeiro(19 quilómetros).