Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
NovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e GastronomíaServizos Mancomunados
Últimos días para inscribirse nas actividades culturais e deportivas
19/09/2017 (Ordes)

O prazo para apuntarse no programa Sendeiros da cultura e do deporte finaliza este vindeiro xoves. Pilates, ioga, cociña, informática, zumba, debuxo e pintura, traballos manuais, alemán, ximnasia para maiores, hipopresivos ou teatro son algunhas das actividades ofertadas

A Mancomunidade aproba a Conta Xeral de 2016
19/09/2017 (Mancomunidade)

O pasado exercicio o ente manexou un orzamento de máis de 1.242.000 €. Rexistrado un remanente actual de case 450.000 €

Nova charla sobre cooperativismo téxtil
19/09/2017 (Mancomunidade)

A conselleira de Infraestruturas, o delegado territorial da Xunta e o alcalde de Ordes visitan as obras da estrada de Mercurín
15/09/2017 (Ordes)

Prevese que estean rematadas a próxima primavera. Tamén estiveron presentes Ana Soneira e José Manuel Rodríguez, concelleiros de Medio Rural e Industria respectivamente

A Xustiza recoñece expresamente a competencia do alcalde de Ordes para designar os representantes do Concello nos consellos escolares e na ASDECOMOR
14/09/2017 (Ordes)

O Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña desestimou o recurso presentado por UXO, impoñéndolles, ademais, o pagamento de costas. O fallo sinala que Martínez Sanjurjo se limitou a “exercer as competencias que por lei ten atribuídas”

A Mancomunidade de Ordes pon en marcha dous novos cursos en liña sobre cooperativismo
14/09/2017 (Mancomunidade)

Serán de balde e o prazo de inscrición permanecerá aberto durante todo o mes de setembro. Están dirixidos a persoas desempregadas, emprendedoras e a traballadores e persoal relacionados co eido laboral

Entrega de diplomas do programa Deseñando o teu futuro
13/09/2017 (Mancomunidade)

Cecilia Vázquez, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado encabezou este acto, asegurando “tomar boa nota do grande interese rexistrado en toda a comarca para as futuras convocatorias”

Encontro folclórico Sementes da Arte, este domingo na Casa da Cultura
13/09/2017 (Ordes)

Ademais da asociación folclórica ordense tamén participarán os grupos Santaia, Folke Ruada e Somos Nós. A entrada será de balde

O equipo móbil de renovación do DNI estará en Ordes a finais de outubro
13/09/2017 (Ordes)

Haberá que solicitar cita previa a través do teléfono 981 680 002

O Concello de Ordes destina 18.000 € para as axudas de material escolar
12/09/2017 (Ordes)

O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o vindeiro 2 de outubro. Poderase beneficiar o alumnado de educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria

Aprobados definitivamente os orzamentos do Concello de Ordes para o exercicio 2017
12/09/2017 (Ordes)

Tras ser retirada a semana pasada a única alegación presentada, o BOP de hoxe fai pública a súa entrada en vigor

Procurar
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo