Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Visitas guiadas aos museos de Cerceda de febreiro a abril
11/02/2019 (Cerceda)

Dende o Concello de Cerceda ofrecemos un programa de visitas guiadas e de balde aos nosos museos.

ECOMUSEO

Visitantes de 4 anos ata 12 anos.

DATA: 16 de marzo.

HORA: 10:00-12:00 horas.

ENDEREZO: Rúa Vila Deportiva Fernando González Laxe, 21-23, no centro cívico (en fronte á piscina).

Visitantes de 12 anos en adiante.

DATAS: 23 de febreiro e 6 de abril.

HORA: 11:00-13:00 horas.

ENDEREZO: Rúa Vila Deportiva Fernando González Laxe, 21-23, no centro cívico (en fronte á piscina).

MUSEO DA MINERÍA

Todas as idades.

DATA: 30 de marzo.

HORA: 11:00-12:30 horas.

ENDEREZO: Picota, 14. Meirama.

AULA DA NATUREZA E XARDÍN BOTÁNICO.

Todas as idades.

DATA: 27 de abril.

HORA: 11:00-14:00 horas.

Esta visita vai ter a peculiaridade de que se vai combinar camiñar coa visita guiada. Sairemos do Campo da Feira de Cerceda e iremos andando ata o Xardín Botánico e levarase a cabo unha visita guiada pola Aula da Natureza. Continuaremos o paseo ao longo do río, cunha pequena parada para petiscar algo, e volta para o punto de inicio da andaina.

 

ONDE ANOTARSE?

682 348 556 / 981 685 001

museos@cerceda.es


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo