Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
A Romaría da Nosa Señora das Virtudes reunirá a milleiros de persoas mañá sábado en Vitre (Frades)
06/09/2019 (Frades)

As celebracións comezan hoxe venres, ás 22:00 h, coa procesión do Rosario, entre a igrexa de San Xoán de Vitre e a Capela das Virtudes

6 de setembro de 2019.- Todo listo na parroquia de Vitre (Frades) para acoller a milleiros de romeiras e romeiros chegados de toda a xeografía galega para participar na Romaría de Campo na honra á Nosa Señora das Virtudes, que terá lugar mañá sábado 7 de setembro e coa que colabora o Concello de Frades.

 

A Romaría das Virtudes é unha festa de forte arraigamento na zona e á que acoden numerosas familias e grupos de amizades para xantar nos terreos da contorna da capela, un xantar que traen da casa ou mesmo preparan no campo. A comisión de festas xa ten reservadas de hai tempo todas as mesas e grellas, pero aínda quedan parcelas dispoñibles. Para as persoas que non traian o xantar da casa, haberá polbeira no campo da festa.

 

A parte relixiosa da festa comezará hoxe venres 6 de setembro, ás 22:00 horas, coa tradicional Procesión do Rosario, con saída da igrexa de San Xoán de Vitre ata a Capela das Virtudes, onde terá lugar unha misa. O sábado 7 de setembro haberá misas ás 11:00 e ás 12:00 horas, estando programada a misa solemne para as 13:00 horas. Ao seu remate, terá lugar a procesión coa imaxe da santa desde a capela ata o cruceiro, atravesando todo o campo da festa. Un momento no que os romeiros e romeiras se alternarán tanto para levar a santa ás costas como para pasar por debaixo da figura.

 

A música correrá a cargo da Charanga Os Celtas, que actuará durante a mañá e a tarde. A sesión vermú virá da man da Orquestra Foliada, que compartirá a verbena nocturna co Dúo Calú. Esta sesión nocturna atrae a centos de persoas de toda a contorna, que se suman aos milleiros que xa pasan alí toda a xornada, prolongando desta maneira a romaría ata a madrugada.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo