Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
NovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e GastronomíaServizos Mancomunados
Corenta veciños e veciñas de Frades participan nunha excursión a Asturias
16/04/2018 (Frades)

16 de abril de 2018.- Un total de corenta veciños e veciñas de Frades participaron nunha excursión ás vilas de Avilés, Xixón e Oviedo, así como á zona mineira e á montaña asturiana, que tivo lugar entre o venres 13 e o domingo 15 de abril. Unha viaxe na que estiveron acompañados polo concelleiro de Medio Ambiente, Juan Carlos Portos Bra, e Maiores, Jesús Francos Sánchez.

 

Durante tres días, a expedición realizou visitas guiadas a lugares de interese cultural, como unha queixería e o museo “La Cuchillería” de Taramundi ou o Museo da Minería e da Industria de Asturias e o Museo Xurásico de Asturias. Así mesmo, realizaron visitas guiadas a Avilés e Xixón, e coñeceron fermosas paraxes como Santa María do Naranco ou o miradoiro de San Roque, en Lastres.

 

Esta é a segunda vez nos últimos cinco anos que os excursionistas de Frades visitan Asturias, logo de dous anos consecutivos visitando Castela e León e de viaxes previas a Cantabria, Salamanca ou Portugal.

 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo