Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Frades acolle este domingo a VIII Festa da Filloa e da Cachucha de Abellá, co filloeiro grande de Lestedo e a música da orquestra Ciclón
15/03/2019 (Frades)

O luns 18 de marzo terá lugar a I Ensarillada en Aiazo, coa actuación de seis grupos folclóricos da contorna

15 de marzo de 2018.- Frades prepárase para dúas citas festivas nos próximos días. A primeira este domingo coa xa tradicional Festa da Filloa e da Cachucha de Abellá e a segunda a Ensarillada, que se estrea este ano da man do grupo Sarillo de Aiazo. Dúas festas que contan coa colaboración do Concello de Frades.

 

Así, o pavillón polideportivo de Abellá acollerá este domingo 17 de marzo, a partir das 12:00 horas, a oitava edición da Festa da Filloa e da Cachucha, que organiza a asociación de veciños Os Labregos de Abellá en colaboración co Concello de Frades. Unha festa que este ano volverá contar coa presenza do filloeiro grande de Lestedo, que o ano pasado fixo que se achegaran centos de persoas á festa grazas á súa capacidade para producir ata 1.500 filloas por hora.

 

Durante toda a mañá, a música correrá a cargo do grupo folclórico ordense “Embruxo Gaiteiros”, con sesión vermú da man da orquestra Ciclón, que se encargará tamén da verbena da tarde, a partir das 18:00 horas. Entre todas e todos os que participen na degustación sortearase unha cesta con produtos da zona.

 

Ensarillada

 

E o luns 18, ás 21:00 horas, o local social de Aiazo acollerá a I Ensarillada, unha iniciativa organizada polo grupo Sarillo de Aiazo en colaboración co Concello de Frades. A Ensarillada será un encontro de seis grupos folclóricos da contorna: Dedaleiras de Sarandón, Pandeireteiras da Baña, Reviravolta (Lardeiros), Sementes da Arte (Ordes) e dous grupos locais como Pinga de Troula (Galegos) e os anfitrións de Sarillo (Aiazo). Tras as actuacións individuais dos distintos grupos haberá unha foliada. A asistencia é libre e de balde.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo