Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Máis de cen veciños e veciñas de Aiazo acompañaron a Ramiro López Cotón no seu cen aniversario, celebrado esta fin de semana
02/10/2017 (Frades)

O alcalde, Roberto Rey, entregoulle unha placa conmemorativa do Concello de Frades en recoñecemento ao único home centenario do municipio e un dos primeiros zapateiros da comarca

2 de outubro de 2017.- A parroquia de Aiazo (Frades) foi unha auténtica festa esta fin de semana. O seu veciño máis lonxevo, Ramiro López Cotón, cumpría 100 anos e celebrábao cunha festa ao grande na súa casa á que estaban convidadas máis de cen persoas, entre familia, veciñanza e amizades.

 

O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e o concelleiro de Medio Ambiente, Juan Carlos Portos Bra, visitaron a Ramiro López para entregarlle unha placa conmemorativa do Concello de Frades ao único home centenario do municipio. Unha placa que Ramiro pode engadir ás dez coas que conta da súa participación na Festa dos Maiores, onde non faltou nin unha soa vez nos últimos dez anos.

 

Ramiro López Cotón agradeceu o agasallo e compartiu petiscos, xantar e sobremesa coa familia e amizades, facéndose fotos con todos e todas e mesmo aproveitando para bailar dende a súa cadeira de rodas ao ritmo do grupo de gaitas Sarillo de Aiazo, que puxo a nota musical á xornada e o agasallou coa figura dunha zoca, en recoñecemento aos seus moitos anos como zapateiro.

 

Ramiro López Cotón naceu o 29 de setembro de 1917 en Aiazo. Casado con Consuelo, ten catro fillos, unha decena de netos e netas e algún que outro bisneto. Dedicouse ao oficio de zapateiro, “daquela cando se cosía e se facía todo a man”, recorda. De feito, foi un dos primeiros zapateiros de Frades e da comarca, “pois antes os zapateiros viñan de Noia”, explica. 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo