Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Manuel Rey Alvela e Carlos García Troncoso gañan o XI Campionato de Pádel do Concello de Frades
09/09/2019 (Frades)

9 de setembro de 2019.- Manuel Rey Alvela e Carlos García Troncoso proclamáronse campións da undécima edición do Campionato de Pádel do Concello de Frades, que tivo lugar na pista municipal de Frades e no que participaron seis parellas de xogadores.

 

O torneo disputouse baixo o sistema de liga, en dous grupos, ao mellor de 10 xogos (sempre cunha diferenza de 2 xogos), pasando ás semifinais as dúas mellores parellas de cada grupo. Os campións derrotaron por 8-5 á parella Carlos Rivera-Gorka mentres que os campións das dúas últimas edicións, Javier Méndez e Pedro Vieites, caían por un resultado final de 7-8 fronte a Miguel Prado e Ramón de la Fuente, que gañaron o tiebreak por 3-7.

 

A gran final estivo moi disputada pero decantouse do lado de Manuel Rey e Carlos García por 10-7. O concelleiro de Deportes, Juan Carlos Portos Bra, foi o encargado de entregar os trofeos ás dúas parellas finalistas.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo