Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
O campo da festa de Galegos (Frades) acollerá este domingo a II Foliada Airiños Galegos
07/06/2019 (Frades)

7 xuño de 2019.- O campo da festa de Galegos (Frades) acolle este domingo a II Foliada Airiños Galegos, na que participarán catro grupos folclóricos de Frades e de Ordes. Unha festa organizada pola asociación de mulleres rurais Airiños Galegos, en colaboración co Concello de Frades, a Rede Cultural da Deputación da Coruña e Gráficas Orzán.

 

A festa comezará ás 13:00 horas cunha sesión vermú amenizada por Show Musical Alba, que dará paso a unha churrascada no campo da festa na que se agarda a participación dunhas trescentas persoas. A partir das 16:00 horas terá lugar a foliada con dous grupos de Frades, Sarillo (Aiazo) e Pinga de Troula (Galegos), e dous de Ordes, asociación cultural de veciños de Leira e Os Viqueiras. Unhas actuacións que rematarán cunha foliada libre e aberta a calquera persoa que desexe tocar. Ademais, durante a foliada haberá obradoiros especiais para os nenos e nenas.

 

 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo