Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
O Concello de Frades e a ONG Mestura organizan dous cursos gratuítos para veciñas do municipio ao abeiro do Programa Neneiras
05/06/2019 (Frades)

05 de xuño de 2019.- O Concello de Frades e a ONG Mestura colaborarán, por segundo ano consecutivo, na organización conxunta de dous cursos gratuítos ao abeiro do programa “Neneiras”, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Igualdade para promover a igualdade e a integración social das mulleres do rural. Os dous cursos, de coidado da coidadora e de manexo de móbiles, terán lugar no edificio multiúsos de Frades neste mes de xuño de 2019, nun horario aínda por confirmar. A asistencia é de balde, se ben é preciso anotarse previamente no Concello de Frades ou chamando ao teléfono 981 695 567.

 

O curso de coidado da coidadora será impartido por profesionais en medicina, enfermería, psicoloxía e traballo social, que achegarán os seus distintos puntos de vista sobre os coidados básicos diarios a persoas dependentes ou con algún tipo de discapacidade e farán fincapé na necesidade de mellorar a comunicación coas persoas que se deben coidar.

 

Pola súa banda, o curso de manexo de teléfonos móbiles ten como obxectivo que a persoa participante coñeza como utilizar un smartphone, así como o uso seguro de Internet na contorna familiar e a privacidade nas redes sociais.

 

Estes dous cursos son froito dun convenio de colaboración entre o Concello de Frades e a ONG Mestura, que conta co financiamento da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e da Unión Europea a través do Fondo Social Europeo.   


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo