Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
O Concello de Frades e Cáritas inician mañá martes a quinta campaña de Nadal de recollida de alimentos para familias necesitadas
10/12/2018 (Frades)

Terá lugar ata o 11 de xaneiro de 2019

10 de decembro de 2018.- O Concello de Frades, en colaboración con Cáritas, porá en marcha mañá martes unha recollida de alimentos para as familias necesitadas do municipio. A campaña, que se organiza por quinto ano consecutivo e estará aberta ata o vindeiro 12 de xaneiro, busca recoller alimentos básicos: leite, aceite, azucre, pasta, arroz, legumes, conservas... que non estean caducados, non superen a data de consumo preferente e estean debidamente etiquetados.

 

Tras o éxito das anteriores recollidas, o alcalde de Frades, Roberto Rey, agradece por adiantado “a colaboración tanto da veciñanza como dos distintos establecementos e entidades implicadas neste importante labor que nos permitirá axudar ás familias máis necesitadas do municipio”. Este ano haberá seis puntos de recollida: os supermercados Loli (Abellá) e Claudio e Tandy (Ponte Carreira), a Cooperativa Central de Frades, o CPI Ponte Carreira e a propia Casa do Concello. O prazo de recollida dos alimentos estará aberto ata o 12 de xaneiro.

 

Durante as catro primeiras edicións recolléronse uns 400 quilos de alimentos por campaña. Agora, o Concello de Frades fai un novo chamamento á colaboración da veciñanza e pon á súa disposición os teléfonos dos Servizos Sociais municipais (981 695 567) e de Cáritas (647 120 228) para resolver calquera dúbida.

 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo