Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
O XVI Campionato Municipal de Pesca Infantil do Concello de Frades reuniu a preto de sesenta veciños e veciñas
09/07/2019 (Frades)

9 de xullo de 2019.- A edición número dezaseis do Campionato Municipal de Pesca Infantil de Frades reuniu esta fin de semana a preto de sesenta veciños e veciñas, de entre eles uns trinta nenos e nenas menores de 16 anos que tomaron parte no torneo. Un campionato que este ano cambiou de emprazamento, deixando a tradicional área recreativa do Muíño de Campoduro (Céltigos) pola área recreativa da piscina municipal (Papucín).

 

O campionato comezou ás 10:00 horas do pasado sábado e todos os nenos e nenas  participantes levaron cando menos unha peza para a súa casa. Así mesmo, tamén levaron unha medalla conmemorativa e unhas lambonadas, que lles foron entregadas polos concelleiros de Medio Rural, Manuel Ferreiro; Xuventude, Juan Carlos Portos; e Piscina Municipal, Jesús Francos. O campionato rematou cun pequeno almorzo a base de empanada e bolos para repoñer forzas.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo