Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Unha quincena de veciños e veciñas de Frades participan nun curso gratuíto de manexo de móbiles e tabletas
11/07/2019 (Frades)

O Concello de Frades e a ONG Mestura convocan un curso gratuíto de manipulación de alimentos dirixido a mulleres

11 de xullo de 2019.- Unha quincena de veciños e veciñas de Frades participan estes días nun curso gratuíto de manexo de móbiles e tabletas organizado polo Concello de Frades e a ONG Mestura. Un curso de seis sesións que teñen lugar na renovada Aula de Informática de Frades, emprazada no multiúsos.

 

O concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro Marzoa, asistiu á sesión inaugural e explicoulle ao alumnado que a gratuidade do curso é posible grazas á colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e ao cofinanciamento da Unión Europea a través do Programa Operativo Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020. O curso rematará o vindeiro luns 22 de xullo.

 

Manipulación de alimentos

 

Así mesmo, o Concello de Frades e a ONG Mestura convocan un novo curso formativo de manipulación de alimentos. Un curso gratuíto e dirixido exclusivamente a mulleres, xa que está integrado no Programa Neneiras, unha iniciativa da Xunta de Galicia para promover a igualdade e a integración social da muller no mundo rural.

 

O curso terá lugar no multiúsos de Frades nun horario e data por confirmar coas mulleres asistentes, que deberán anotarse no Concello de Frades ou chamando aos teléfonos 981 695 567 ou 981 695 663.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo