Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
A Mancomunidade demanda diálogo para a solución do conflito dos transportistas en SOGAMA
15/05/2019 (Mancomunidade)

15 de maio de 2019.  Ante o conflito do transporte que se está a dar na empresa pública SOGAMA a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes vén de poñerse en contacto cos axentes implicados.

     Tras o encontro mantido entre o presidente da Mancomunidade, Roberto Rey, con representantes do cadro de persoal de transportistas pertencentes á CIG, os sete concellos da comarca “instan ao diálogo como vía de resolución do conflito existente e que está a afectar gravemente aos traballadores pertencentes na súa maioría á comarca de Ordes”. Unha solicitude e demanda de intencións dirixida ao presidente de SOGAMA, Javier Domínguez Lino; aos directores de Transportes Pacholo S.L., Óscar e Jorge González Quesada; ao presidente do consello de administración e conselleiro delegado de COPASA, José Luis González Gutiérrez e á conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez Mejuto.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo