Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Aposta da Mancomunidade de Ordes polas novas tecnoloxías para a promoción turística da comarca
12/02/2019 (Mancomunidade)

O Pleno decide implantar unha plataforma dixital interoperable por un importe total de 47.000 €. Aprobada tamén a continuidade do Servizo de Normalización Lingüística

12 de febreiro de 2019.  A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes aposta polas novas tecnoloxías para promover a súa oferta turística. Así se entende despois da celebración, esta semana, do seu pleno correspondente ao mes de febreiro, no cal se aprobou un investimento de aproximadamente 47.000 € para a implantación dunha plataforma global de turismo dixital interoperable para ordenadores, tabletas e dispositivos móbiles que permitirá planificar de maneira sinxela e rápida unha viaxe ou a xestión de diverso contido informativo.

     A dita información estará accesible a través do códigos QR, tarxetas NFC e Beacons que se implantarán en material promocional impreso ou ben en elementos de sinalización peonil. O sistema selecciona a información de maneira xerarquizada segundo o seu interese, engadindo, entre outros aspectos, a súa xeolocalización. As persoas interesadas en visitar calquera punto da comarca poderán crear unha axenda de viaxe en base a criterios culturais, naturais, gastronómicos, comerciais etc e sempre tendo acceso directo a unha ficha de información de cada punto con fotografías, teléfonos, enderezos e enlaces.

     A realización e posta en funcionamento deste interesante proxecto pasa pola concesión dunha subvención de algo máis de 37.500 € por parte da Deputación da Coruña, co obxectivo de mellorar a calidade e a competitividade das actividades turísticas da Mancomunidade de Ordes a través da sinalización intelixente.

Uso e promoción do galego

Outro dos puntos acordados neste último pleno foi a continuidade do Servizo de Normalización Lingüística. Con tal fin solicitarase á Deputación da Coruña unha subvención de 12.000 €, o que permitirá prolongar durante un ano a contratación do persoal no dito departamento. Entre os moitos servizos que se brindan dende este destaca a realización de actividades dirixidas á promoción e ao fomento do uso da lingua galega entre a poboación estudantil; a conmemoración de datas sinaladas con campañas, concursos, certames etc; funcións de apoio aos gabinetes de comunicación e demais departamentos dos concellos, cursos preparatorios para a obtención da titulación oficial CELGA; participación na elaboración de programas e na impartición de clases doutros cursos dirixidos á poboación desempregada ou colectivos desfavorecidos organizados pola Mancomunidade de Ordes etc.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo