Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Chamamento unánime da comunidade educativa da Mancomunidade para conmemorar o 8M
13/03/2019 (Mancomunidade)

13 de marzo de 2019. A comunidade educativa da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes non deixou pasar por alto a conmemoración do Día Internacional da Muller o pasado 8 de marzo. Coordinados a través do Centro de Información á Muller (CIM), colexios e institutos elaboraron con cartolinas de cor lila bocadillos de cómic nos cales se reflectiron mensaxes en prol da  igualdade. O alumnado concentrouse nos patios dos seus centros portándoos e facendo un chamamento conxunto e unánime. No caso de Ordes, ademais, tamén se fixo partícipe ao curso de Habilidades Sociais que se imparte no Mesón do Vento. Para facilitar esta acción tanto os concellos que engloban a Mancomunidade de Ordes (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo) como o mesmo ente supramunicipal proporcionaron as cartolinas.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo