Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
NovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e GastronomíaServizos Mancomunados
Os mozos e mozas de Galeuropa participan nun obradoiro de emprego
07/12/2017 (Mancomunidade)

Ordes, 7 de decembro de 2017. Esta mañá a Mancomunidade de Ordes levou a cabo o último acto dentro do programa de mobilidade transnacional xuvenil, Galeuropa. Tratouse dun obradoiro de emprego no que, entre outros aspectos, abordáronse as canles de busca de emprego e outras relacionadas coa promoción das persoas demandantes. En total participaron 20 mozos e mozas entre os 18 e os 30 anos, os mesmos que nos últimos meses se desprazaron ata Portugal, Reino Unido e Italia para realizar prácticas laborais en distintos sectores e mellorar o idioma estranxeiro.

O Programa Galeuropa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e implantado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a través de Iniciativa de Emprego Xuvenil. O seu principal obxectivo é o de reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais, co fin de mellorar a formación e a adquisición de experiencia para a inserción laboral.

 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo