Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Susana García, primeira muller en presidir a Mancomunidade de Ordes
04/10/2019 (Mancomunidade)

Coa presenza tamén da primeira alcaldesa de Trazo, Josefina Suárez, o ente supramunicipal presenta máis ca nunca un marcado carácter feminino. Tamén por primeira vez Eduardo Antonio Pereiro, rexedor de Tordoia, integra a corporación

4 de outubro de 2019.  Por primeira vez nos seus máis de 40 anos de historia a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes estará presidida por unha muller. Susana García, concelleira de Política Social, Igualdade, Educación e Traballo de Ordes, será a máxima responsable do ente supramunicipal de cara aos vindeiros catro anos.

       Non será a única do seu xénero en formar parte da actual corporación. Na imaxe do  pleno de organización da Mancomunidade, que tivo lugar onte, tamén figura Josefina Suárez, nova alcaldesa de Trazo, quen ostenta o mérito de ser a primeira no seu cargo.

     Outro membro que se estrea no ente supramunicipal é Eduardo Antonio Pereiro, alcalde de Tordoia. Polo demais repítense os nomes propios dos representantes, todos eles alcaldes, do resto de municipios. Manuel Mirás no caso de Oroso (onte asistiu Antonio Leira), Roberto Rey (antigo presidente) por Frades, Mariano Iglesias por Mesía e José Liñares por Cerceda.

    As sesións plenarias terán lugar o primeiro luns hábil de cada mes.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo