Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Tordoia, punto de saída para a xincana lingüística do SNL da Mancomunidade de Ordes
11/07/2018 (Mancomunidade)

Durante os meses de xullo e agosto a rapazada da comarca poderá ampliar coñecementos de galego e favorecer hábitos de uso dun xeito ameno e didáctico

11 de xullo de 2018.  O SNL da Mancomunidade de Ordes iniciou esta semana o  obradoiro de lingua galega que imparte cada verán para os nenos e nenas da comarca. Unha actividade na que se combinan a partes iguais o aspecto didáctico co lúdico, grazas ás xincanas que deberán superar todas e todos os participantes. Concretamente está pensada para rapazada de 6 a 12 anos, que durante os meses de xullo e agosto deberá superar probas como carreiras de obstáculos, buscas do tesouro e outros xogos.

Grazas a esta iniciativa conséguese estimular nas xeracións máis novas actitudes que se traduzan nun uso xeneralizado do galego, favorecer a súa utilización nas actividades lúdicas e deportivas, ampliar as habilidades de comunicación oral en galego, ademais de vocabulario.

O Concello de Tordoia foi o primeiro en poñer en práctica esta actividade, da que desfrutaron máis de 30 nenos e nenas.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo