Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
70 competidores e competidoras danse cita no VI Trofeo de Tiro con Arco
28/01/2019 (Ordes)

Ordes, 28 de xaneiro de 2019. 70 arqueiros e arqueiras participaron esta pasada fin de semana no VI Trofeo Concello de Ordes de Tiro con Arco. O pavillón Campomaior albergou esta competición organizada pola Asociación Deportiva Arqueiros do Adarve e na que colaborou o Concello de Ordes. Os resultados acadados demostraron, unha vez máis, a boa puntería da que gozan os participantes de Ordes, especialmente no caso de Hugo Fandiño, primeiro clasificado na categoría esquío. Rubén Pérez foi cuarto na categoría infantil masculina, Pilar Candal e Ana López remataron segunda e sétima na novel feminina, Fátima Rodríguez e Estela Rey remataron terceira e quinta na sénior feminina, mentres que Roberto Martínez e Pedro del Río ocuparon a terceira e décima posición na sénior masculina.

     Ana Soneira, concelleira de Deportes do Concello de Ordes, foi a encargada de entregarlles os galardóns aos primeiros clasificados.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo