Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
A mellor música de baile, punto de arranque para as festas patronais de Ordes
14/08/2019 (Ordes)

Os Dj´s Magán, CDC D´JS e David Expósito transformaron a alameda de Ordes nunha gran pista de baile. As orquestras Compostela e París de Noia serán as encargadas de amenizar a xornada de hoxe, preámbulo do día grande de celebración na honra á Santa María

Ordes, 14 de agosto de 2019.  Magán, CDC D´JS e David Expósito.  Este trío de Dj´s foron os encargados de marcar o inicio das festas patronais de Ordes na honra á Santa María. A sesión que ofreceron baixo o selo DJ´s no Camiño converteu na noite de onte a alameda de Ordes nunha gran pista de baile na que moitos e moitas non pararon de mover o corpo. Aínda que as mellores marcando o ritmo, sen dúbida, foron as gogós sobre o escenario instalado especialmente para a ocasión. Entre outras sorpresas houbo lanzamento de agasallos, fogos artificiais etc.

     Para hoxe mércores a orquestra Compostela será a encargada de amenizar a sesión vermú, cuxos integrantes volverán repetir pase pola noite a carón da París de Noia.

     Mañá xoves a gran protagonista será a patroa de Ordes, a Santa María. A misa solemne arrancará ás 12 horas e contará posteriormente coa tradicional procesión. Os gaiteiros e cabezudos de Cultural Espadana darán conta dende ben cedo de que se trata dun día de festa por todo o alto. Ademais, a Banda de Música de Teo ofrecerá un concerto na alameda para darlle paso á orquestra Trovadores, que serán os encargados de facer bailar a todos e todas tanto ao mediodía como na verbena nocturna, neste último caso acompañados por Los Satélites.

     O venres día 16 o Concello renderalles unha especial homenaxe aos seus emigrantes. Este ano estarán representados por Dolores Carrera Viqueira, quen acudirá coa súa familia tanto aos actos relixiosos, que darán comezo ás 13 horas, como á ofrenda floral que terá lugar posteriormente ante o monumento ao emigrante. A nota musical nesta xornada virá dada pola Banda de Música de Ordes, a orquestra principal e o Combo Dominicano.

Seivane e Gurruchaga

 O último día de festexos, o sábado 17, a orquestra Paraíso actuará ao mediodía. Entrada a noite a gaiteira Susana Seivane xunto a Javier Gurruchaga e a Orquestra Mondragón serán os protagonistas do III Festival Sons de Ordes.

     Ademais de todo isto, tamén haberá feira de artesanía ao longo de todos estes días. O lugar onde se instalarán os máis de 30 postos inscritos ata o de agora será no parque da Constitución.

     Para colaborar de xeito particular coas festas patronais pódese facer un ingreso na conta da Asociación Cultural e de Festexos da Vila de Ordes, Banco Santander ES34-0238-8188-2506-0105-1240.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo