Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
A nova regulación ORA entrará en vigor a partir de mañá luns
01/02/2019 (Ordes)

 Ordes, 3 de febreiro de 2019.   A partir do vindeiro luns, 4 de febreiro, entrará en vigor o novo regulamento ORA na vila de Ordes. A principal novidade é a aplicación do réxime de estacionamento por tempo  limitado en todos os casos.

      Concretamente haberá dous tipos de estacionamento: 90 minutos de forma gratuíta e 210 minutos con pago previo segundo a situación das prazas en zona gratuíta ou de pagamento respectivamente. O servizo estará vixente os días laborables (de luns a venres) de 10 a 14 e de 16 a 20 horas.

      En función da súa categoría indicarase con tintura azul e coas letras T (Tícket) e D (Disco). Os tíckets para a zona de aparcamento obteranse nas máquinas expendedoras situadas a pé de rúa, mentres que os discos poderán conseguilos nos distintos establecementos comerciais da Asociación de Comerciantes de Ordes (ACORDES), aínda que tamén se poderán empregar outros medios, como un papel escrito a man que indique a hora de chegada. En ambos os casos os ditos indicadores deberán colocarse sobre o parabrisas, de forma que quede perfectamente visible para o persoal controlador ORA.

      As rúas englobadas no réxime de tíckets de estacionamento (T) son: Alfonso Senra (intersección Rosalía de Castro con rúa Carnota), rúa Parque Municipal, Recreo (intersección Parque Municipal con Alfonso Senra), República Arxentina (intersección Alfonso Senra con rúa Nova) e Mercado (intersección Parque Municipal con Compostela).

    No caso das rúas reguladas mediante disco hai que citar: Lagartos, Rúa Nova, República Arxentina (intersección Rúa Nova con Rosalía de Castro), Rosalía de Castro (intersección Rúa Nova con Alfonso Senra), Reconciliación, Mercado (intersección rúa Compostela con Canteira), Praza de Abastos, Canteira (intersección Alfonso Senra con Mercado), Compostela e Recreo (intersección Parque Municipal  con Mediodía).


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo