Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Aberta a inscrición para a XXVIII Mostra de Cans de Caza
12/07/2019 (Ordes)

A cita desenvolverase no Mesón do Vento os días 27 e 28 deste mes e contará con exhibicións de exemplares e probas de rastro. Por primeira vez en Galicia disputarase un concurso de parado sobre xabaril (concurso francés)

Ordes, 12 de xullo de 2019. Aquelas persoas afeccionadas á caza que queiran participar na XXVIII Mostra de Cans de Caza do Mesón do Vento xa se poden inscribir chamando ao 689550728.

     A primeira xornada terá lugar o sábado día 27. Neste día o programa inclúe unha nova edición do campionato de rastro de xabaril modalidade trela, tanto para federados como para afeccionados. A inscrición, con xantar incluído, ascende a 35 € (20 € acompañantes), sendo de 15 € a partir do segundo exemplar. Como novidade, por primeira vez en territorio galego disputarase un concurso de parado sobre xabaril (concurso francés), dende as 18 ata as 21 horas. Os equipos, cuxo número máximo será 12, estarán compostos por 3 cans. Neste caso as inscricións ascenderán a 35 € e incluirán a cea.

     O domingo, 28 de xullo, terá lugar a gran mostra de cans de caza. Trátase dunha das citas cinexéticas máis destacadas de todo o panorama do norte de España, na que o ano pasado se chegaron a contabilizar arredor de 3.000 cans, a maioría de razas puras, pertencentes a preto de 200 mandas. Os mellores exemplares de cada categoría recibirán importantes premios e distincións nun acto que dará comezo a partir das 16 horas.

     Un ano máis este cita está organizada por Feira de Cans Amigos de Ardemil. Entre as entidades e firmas comerciais colaboradoras figuran o Concello de Ordes, Arion, Agro Visantoña e a Federación Galega de Caza.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo