Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Aberto o prazo de inscrición para o curso de actividades auxiliares de almacén
10/09/2019 (Ordes)

15 mozos e mozas de 18 a 30 anos poderán optar a esta iniciativa do Proxecto Eixo, incluída no Plan de Emprego Local da Deputación Provincial da Coruña

Ordes, 10 de setembro de 2019.  Dende o Departamento de Emprego do Concello de Ordes infórmase da apertura de prazo, ata o 23 de setembro, para inscribirse no curso de actividades auxiliares de almacén dotado con certificado de profesionalidade. O curso, cun número total de 15 alumnos ou alumnas, arrancará en outubro, estando previsto inicialmente o horario de mañá. A formación teórico-práctica realizarase nas instalacións situadas na Barcala-Cambre e no polígono industrial de Ledoño (Culleredo).

    Este englóbase no proxecto EIXO do Plan de Emprego Local (PEL) 2016-19, dentro do itinerario de comercio e loxística. Está promovido pola Deputación da Coruña co obxectivo principal de inserir laboralmente á poboación moza da provincia. Inclúe o acceso ao carné C e ao certificado de aptitude profesional para o transporte de mercancías (CAP).

      As persoas beneficiarias desta acción deberán ser menores de 30 anos e desempregadas da provincia da Coruña. Ademais, entre outros requisitos,  ter cumpridos os 18 anos e estar empadroadas nun concello inferior aos 50.000 habitantes, estar anotadas no sistema de Garantía Xuvenil e ter carné en vigor da clase B.

      A acción formativa inclúe 170 horas de teoría en actividades auxiliares de almacén e outras 40 de prácticas. Tamén están programadas outras 320 horas en accións transversais e complementarias (lingua estranxeira, novas tecnoloxías, igualdade de oportunidades, carné C/C1 e certificado de profesionalidade de transporte de mercancías por estrada).

 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo