Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Aberto o prazo de solicitude para a renovación do DNI
11/03/2019 (Ordes)

A unidade móbil da Policía Nacional atenderá ao público na Casa da Cultura do 2 ao 10 de maio. Será imprescindible solicitar cita previa no Concello ou ben a través do teléfono 981 680 002

Ordes 11 de marzo de 2019. O equipo móbil de renovación do DNI da Policía Nacional estará prestando o seu servizo en Ordes do 2 ao 10 de maio. Tal  e como é habitual atenderán ao público en horario de mañá na Casa da Cultura. Todas e todos aqueles que queiran expedir por primeira vez ou renovar o seu documento nacional de identidade xa poden solicitar cita previa no mesmo Concello ou ben chamando ao teléfono 981 680 002.

     Para facer o DNI por primeira vez é necesario unha partida literal de nacemento, unha fotografía e o certificado de empadroamento. Para renovacións deberase achegar o DNI caducado e unha foto, e no caso de tramitar o documento por perda deste necesitaranse dúas fotos. Para aquelas persoas que queiran indicar un cambio de domicilio será imprescindible un certificado de empadroamento.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo