Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
NovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e GastronomíaServizos Mancomunados
Abre o prazo de inscrición para o curso de atención sociosanitaria para persoas dependentes en institucións sociais
12/09/2018 (Ordes)

As persoas interesadas deberán apuntarse ata o 25 do vindeiro mes, habendo un máximo de 15 prazas. As clases darán comezo en novembro

Ordes, 12 de setembro de 2018.  Ata o vindeiro 25 de outubro manterase aberto o prazo para apuntarse ao novo curso de atención sociosanitaria para persoas dependentes en institucións. As inscricións deberán realizarse na oficina de emprego público de Galicia situada en  Ordes, ou ben no seu portal de emprego ata o 25 de outubro como data límite. É requisito indispensable que as persoas solicitantes estean en posesión do título da ESO, ou do de competencias clave (nivel 2) ou equivalente.

     O curso ten un máximo de 15 prazas, iniciarase no mes de novembro,  e impartirase nas dependencias habilitadas do mercado agrario comarcal  situado no Mesón do Vento. Consta dun total de 468 horas e brinda a oportunidade de obter o certificado de profesionalidade de nivel 2 tras superar as probas avaliativas e un período de prácticas en empresas do sector. A titulación expedida garante a asimilación de coñecementos e aptitudes para poder traballar como coidador ou coidadora de persoas con algún tipo de discapacidade física, psíquica ou sensorial. Tamén para poder exercer como coidador ou coidadora de persoas dependentes en institucións, ou como xerocultor ou xerocultora en distintos ámbitos.

     Esta iniciativa forma parte do programa de accións formativas para persoas desempregadas, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

 

 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo