Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
NovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e GastronomíaServizos Mancomunados
Alas poderase visitar ata o vindeiro día 29 no Museo do Traxe
12/10/2017 (Ordes)

Ordes, 12 de outubro de 2017. O auditorio do Museo do Traxe abriu as súas portas para que veciños, veciñas e visitantes poidan desfrutar xa da exposición fotográfica Alas. Realizadas polo recoñecido fotógrafo de natureza Luis Ogando Gayo, a mostra recolle ducias de imaxes de distintas especies realizadas ao aire libre en diferentes localizacións. O calendario de visitas concluirá o vindeiro 29 de outubro, aínda que cómpre salientar que o día 27 o autor ofrecerá neste mesmo espazo unha charla temática ás 20.30 horas.

     Entre os que non quixeron perder este primeiro día de mostra destacaron o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e os edís de Cultura, Comercio e Deportes. Tamén estivo Manuel Viqueira, director do Museo do Traxe, así como Rafael Regos Martínez, organizador do XVI Campionato de Cetrería, o cal terá lugar no Mesón do Vento os vindeiros días 27, 28 e 29 deste mes.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo