Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Arranca en Ordes a campaña Un Nadal para todos e todas
30/11/2018 (Ordes)

Ata o 15 de decembro poderanse doar alimentos e bebidas non alcohólicas nos principais supermercados da vila

Ordes, 30 de novembro de 2018. A partir de mañá e ata o vindeiro 15 de decembro os veciños e veciñas de Ordes que o desexen poderán participar na campaña campaña ‘Un Nadal para todos e todas’. O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ordes, Cáritas Ordes e Cruz Vermella Ordes levarán a cabo, un ano máis, esta iniciativa solidaria na que tamén colaboran de xeito especial os supermercados da vila.

     Durante a vindeira quincena, e co fin de que as familias máis necesitadas poidan desfrutar das vindeiras festas de Nadal, poderanse adquirir produtos envasados ou bebidas non alcohólicas nos supermercados Gadis, Covirán, Día%, Feiraco, Froiz e Eroski e depositalos nos contedores instalados nos mesmos establecementos.

 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo