Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Benvida de Susana García ao alumnado do curso ESO para persoas adultas
02/10/2019 (Ordes)

Ordes, 2 de outubro de 2019. A concelleira de Educación de Ordes, Susana García, deulles a benvida aos alumnos e alumnas do curso ESO para persoas adultas. En total son 25 as persoas matriculadas nesta iniciativa organizada polo Concello de Ordes que, como é habitual, conta con Natalia Rodríguez como titora. Cómpre sinalar os excelentes resultados que en cada convocatoria se rexistran no caso dos grupos de Ordes, encabezando en moitísimas ocasións o ránking de aprobados. Uns datos “que animan tanto a seguir traballando con esta excelente mestra como a continuar ofertando un curso que brinda novas oportunidades de futuro dentro do eido laboral”, asegurou Susana García. O curso impartirase en horario de tarde na Casa da Cultura ata finais de maio, data na que terán lugar os exames finais.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo