Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Clausura dos cursos de cociña organizados polo Concello de Ordes
29/05/2017 (Ordes)

Ordes, 29 de maio de 2017. O curso de cociña organizado polo Concello de Ordes chegou esta fin de semana ao seu fin. Ao longo dos últimos oito meses máis de quince alumnos e alumnas do grupo de adultos aprenderon a elaborar todo tipo de receitas da man da gran cociñeira Karyna Carreira. Risotos de arroz, guisos de mar, carnes de vacún e de porco asadas ou ao forno, repostería e todo tipo de pratos tradicionais e de cociña moderna. A enorme aceptación que teñen este tipo de cursos, tamén dirixidos a nenos e nenas, fixo que o Concello de Ordes habilitara unha aula con todas as comodidades e electrodomésticos de última xeración no primeiro andar da Praza de Abastos, espazo onde unha vez por semana se imparten as clases.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo