Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Concerto solidario de Nadal da Banda de Música de Ordes
17/12/2018 (Ordes)

Será o 29 de decembro na Casa da Cultura. Solicítase ás persoas asistentes que doen alimentos e produtos de hixiene para Cruz Vermella

Ordes, 14 de decembro de 2018.   En colaboración co Concello de Ordes o vindeiro 29 de decembro a Asociación Cultural Amigos da Música de Ordes celebrará o seu tradicional Concerto de Nadal. Será na Casa da Cultura de Ordes ás 20 horas.

    Este ano o concerto virá marcado por varias novidades. A primeira é o repertorio baseado no tradicional concerto de fin de ano vienés, con obras de Tchaikovsky e Strauss. Todo baixo a batuta de Óscar Prieto, recentemente nomeado director da Banda de Música de Ordes. A  segunda será o carácter solidario do concerto. En colaboración coa Cruz Vermella de Ordes solicítase que todas aquelas persoas que asistan traian alimentos non perecedoiros ou produtos de hixiene.  


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo