Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Curso de tramitación en liña para 30 persoas
04/07/2019 (Ordes)

Organizado pola Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Ordes, terá lugar o vindeiro 24 de xullo na Casa da Cultura. Inscricións ata o 22 de xullo

Ordes, 4 de xullo de 2019.  Aquelas persoas residentes en Ordes interesadas en participar no curso sobre tramitación en liña, que terá lugar na Casa da Cultura o próximo 24 de xullo, xa poden formalizar a súa inscrición. Deberán facelo no primeiro andar do Concello, nos departamentos de Educación e Cultura, ou ben chamando ao 981680002  ata o 22 de xullo como data límite.

     O dito curso vai dirixido ao público xeral. Persoal da Deputación da Coruña impartirá contidos básicos englobados no nivel de iniciación. En total ofértanse 30 prazas, as cales serán asignadas por rigorosa orde de inscrición.

 

 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo