Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Curso para mulleres sobre comercio e banca electrónica
02/10/2019 (Ordes)

Ordes, 2 de outubro de 2019. Susana García, concelleira de Educación e Traballo de Ordes, participou onte no primeiro día de clase do curso da Escola para apoderamento de mulleres no rural (comercio e banca electrónica). Unha actividade financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e organizada pola Unión de Consumidores de Galicia en colaboración co Concello de Ordes.

     Neste curso as alumnas aprenderán a realizar tanto operacións de banca a través do seu ordenador como compras en Internet. As clases impártense na Casa da Cultura de Ordes de 17 a 19 horas os días 3, 15 e 17 de outubro. A día de hoxe aínda quedan prazas libres, polo que se alguén o desexa pódese inscribir chamando á Unión de Consumidores de Galicia ao teléfono 981 566 411 ou no correo electrónico prensa@consumidores.gal.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo