Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Destacada participación do CEIP Castelao en diversas actividades do programa XOGADE 2018-19
30/01/2019 (Ordes)

Ordes, 30 de xaneiro de 2019.   Un total de 13 alumnos e alumnas do CEIP Castelao participaron recentemente no Campionato Intercomarcal de Campo a Través do Programa XOGADE 2018-19. Concretamente tivo lugar no parque do Restollal, en Santiago de Compostela, onde acadaron uns resultados destacados. O equipo alevín feminino quedou en segunda posición, éxito ao que lle hai que engadir a clasificación de 8 rapaces e rapazas para o Campionato Provincial de Centros de Ensino, o cal terá lugar o 22 de febreiro en Noia.

     Por outra banda, e dentro do mesmo programa, unha representación do alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria tivo a oportunidade de participar hai escasos días en Boimorto na I Xornada de Bádminton da Liga Intercomarcal. Unha iniciativa coa que a área de Educación Física quere potenciar, favorecer e promover o achegamento a diferentes modalidades deportivas. En total acudiron 9 alumnos e alumnas das categorías benxamín e alevín, que competiron con outros e outras integrantes das escolas deportivas dos concellos de Trazo, O Pino, Boimorto, Toques e o IES Xelmírez II de Santiago de Compostela.

     O programa XOGADE é unha iniciativa organizada e desenvolvida pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo