Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Día do neno e da nena en Ordes
09/08/2019 (Ordes)

Ordes, 9 de agosto de 2019.  Tal e como se esperaba a tarde de hoxe será inesquecíbel para os centos de nenos e nenas que se achegaron ata o pavillón Campomaior. Alí lles agardaban un sinfín de xogos e entretementos por mor do Día do neno e da nena, englobado dentro do programa estival de ocio Unha viaxe pola cultura.

         Durante máis de tres horas puideron disfrutar con xogos de habilidade realizados con material de refugallo, gardería, varredoras para brincar, pista americana de obstáculos, tobogáns, inchables, obradoiros, circuítos, safari park, animacións, xeados, flocos de millo etc. Como é costume unha gran festa da espuma puxo o punto e final a esta xornada organizada polo Concello de Ordes.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo