Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Este venres os nenos e nenas de Ordes terán o seu día
07/08/2019 (Ordes)

Ordes, 7 de agosto de 2019.  Este vindeiro venres, 9 de agosto, os máis pequenos e pequenas de Ordes teñen unha cita ineludible con Día do neno e da nena. Unha actividade que forma parte do programa Unha Viaxe pola Cultura e que terá lugar no Campo da Feira a partir das 17 horas, aínda que no caso de chuvia trasladarase ao pavillón Campomaior.

     Toda a rapazada poderá desfrutar durante varias horas con xogos de habilidade realizados con material de refugallo, gardería, varredoras para brincar, pista americana de obstáculos, tobogáns, inchables, obradoiros, circuítos, pistas de obstáculos e de bolas, safari park, cars, animacións, xeados, flocos de millo etc. Como é costume unha gran festa da espuma porá o punto final a esta xornada que, como cada ano, de seguro que resultará inolvidable.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo