Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Grande acollida e participación no IV Trofeo de Patinaxe Artística Concello de Ordes
04/12/2018 (Ordes)

300 patinadores e patinadoras e centenares de persoas desfrutaron dunha fin de semana repleta de competicións e exhibicións. A cita tamén tivo un carácter solidario coa recollida de alimentos para Cáritas Ordes

Ordes, 4 de decembro de 2018.  Durante toda esta fin de semana 300 patinadores e patinadoras chegados das provincias da Coruña, Ourense e Lugo déronse cita no pavillón Castelao para participar no IV Trofeo Concello de Ordes de Patinaxe Artística. Unha competición que tivo un marcado carácter solidario pola recollida de alimentos e produtos de hixiene a favor de Cáritas Ordes.

     O Club Galia, organizador desta cita xunto co Concello de Ordes, amosou a súa satisfacción pola grande acollida que tivo a competición, á que acudiron centenares de persoas ao longo do sábado e o domingo. Moitas e moitos deles, ademais, tiveron a ocasión de ver en vivo as exhibicións de Unai Cereijo, campión de Europa e de España alevín; Luca Yáñez, campión de España infantil; e Paula Rey, terceira no Campionato de Europa na categoría alevín.

     A alcaldesa en funcións, Ana Soneira, agradeceu a colaboración brindada polas máis de 30 firmas comerciais, empresas e establecementos da zona para poder levar a cabo este evento, no que tamén participan a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e Deporte Galego. Ademais, foi a encargada de entregar as medallas e os trofeos.

     Finalmente a clasificación xeral quedou do seguinte xeito:

 

Categoría Rexional

Alevín masculino

Jorge Sanmartín (CP Sarela)

Alevín feminino

1ª Marta Lariño (CP Omega)

2ª Sara López Villar (CP Buxaina)

3ª Daniela Iglesias (CP Galia)

4ª  Antía Calvo (CP Galia)

Infantil masculino

1º Miguel Sánchez

Infantil feminino

1ª Laura Cebral (CP Buxaina)

2ª Aldara Dopico (CP Buxaina)

3ª Marta Prado (CP Oroso)

Cadete feminino

1ª Paula Santos (CP Sarela)

2ª Yaiza Rodríguez (CP Buxaina)

3ª María Romero (CP Oroso)

4ª Pilar Ferreiro (CP Galia)

 

Categoría Nacional

Benxamín

1ª Alicia Lariño (CP Omega)

2ª Antía Cotelo (CP Conxuro)

3ª Thalía Rama (CP Omega)

Alevín masculino

Adrián Blanco (CP Ribeira)

Alevín feminino

1ª Inés Peña (CP Sarela)

2ª Antía Lorido (CP Ágora)

3ª Daniela Sieiro (CP Ribeira)

4ª Lucía Deus (CP Galia Ordes)

Infantil masculino

1º Diego Iñiguez (CP Axel)

2º Jorge Noya (CP Ribeira)

Infantil feminino

1ª Carla Cabana (CP Buxaina)

2ª Alejandra Oliveira (CP Ribeira)

3ª Belén Aguila (CP Buxaina)

Cadete masculino

1º Alejandro Redondo (CP Liceo)

Cadete feminino

1ª Lara Reboredo (CP Galia)

2ª Alba Diéguez (CP Galia)

3ª  Paula Casis (CP Buxaina)

Absoluta masculino

1º Carlo Signiorini (CP Ágora)

 

Categoría Absoluta

1ª Andrea García (CP Conxuro)

2ª Icíar Vázquez (CP Brión)

3ª Irene Guillermes (CP Brión)


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo