Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Hoxe arranca a nova campaña de Nadal dos comerciantes de Ordes con 5.000 € en premios e importantes descontos
03/12/2018 (Ordes)

Dende hoxe e ata o 31 de decembro entregaranse boletos ‘rasca e gaña’ que se poderán trocar nos locais que participan. Ademais, cada establecemento seleccionará o seu ‘produto estrela’ cun prezo altamente rebaixado e convidarán aos nenos e nenas a flocos de millo e algodón de azucre a véspera de Reis

Ordes, 3 de decembro de 2018.  A Asociación de Comerciantes de Ordes (ACORDES) xa ten lista a nova campaña que lanzará este Nadal, a cal se desenvolverá dende hoxe e ata o 31 de decembro, ambos inclusive. En total serán 5.000 € en premios ademais de importantes descontos en multitude de produtos. Unha iniciativa coa que se quere aumentar o consumo local, evitando a fuga de gasto a outros puntos á par que se incentiva a imaxe de proximidade. Poderán participar clientes e clientas de máis de 18 anos que realicen algunha compra nalgún dos máis de setenta establecementos que compoñen a asociación.

     No caso da promoción ‘Busca a túa estrela’ todos os comercios e negocios ofrecerán un produto cun importante desconto ou prezo mínimo. Será o mesmo durante toda a campaña a non ser que se esgoten as existencias, caso no que se seleccionará outro novo ata a data de finalización de campaña.

     A segunda iniciativa consiste nas tarxetas ‘Rasca e Gaña’. Segundo a contía da compra, que como mínimo será de 10 euros, entregaranse de 1 a 8 boletos. En total poranse en circulación 9.170, dos cales 210 terán premio asegurado. Concretamente haberá 1 boleto dotado con  500 €, 3  con 200 €, 6 con 100 €, 20 con 50 €, 50 con 20 € e 130 con 10 €. As persoas agraciadas poderán trocar o seu premio nos locais asociados dende o 3 ata o 31 de xaneiro de 2019.

Lambetadas

Outra novidade para este ano é o reparto gratuíto de flocos de millo e nubes de azucre entre os nenos e nenas de ata 16 anos na véspera de Reis. Con cada compra superior a 10 € realizada durante os días 2, 3 e 4 de xaneiro entregarase un vale co que se poderán conseguir as lambetadas achegándose ata os soportais do Concello vello de 17 a 19 horas.

     Un ano máis ACORDES conta coa colaboración do Concello de Ordes para a posta en marcha desta campaña.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo