Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
I Torneo de Básket 3x3 Concello de Ordes
01/07/2019 (Ordes)

Terá lugar os días 8, 9 e 10 de agosto no Campo da Feira. Haberá para deportistas de 13 a 17 anos e outra para maiores de idade. Inscricións ata o 17 de xullo

Ordes, 1 de xullo de 2019.  O Concello de Ordes vén de abrir, ata o 17 de xullo,  o prazo de inscrición para participar no I Torneo de Básket 3x3, o cal terá lugar os vindeiros 8, 9 e 10 de agosto na pista multideporte situada no Campo da Feira.

     Aquelas persoas que desexen apuntarse deberán facelo no Departamento de Deportes do Concello. Será imprescindible entregar a ficha de inscrición con todos os datos solicitados,  que se poderá obter a través das redes sociais (@concellodeordes e https://www.facebook.com/concellodeordes) e páxina web do Concello (www.ordes.gal).  

    Haberá dúas categorías, a primeira para xogadores e xogadoras de 13 a 17 anos, e outra a partir dos 18 anos. Os equipos deberán estar compostos por cinco membros e será imprescindible que en todo momento se atopen en pista dúas persoas empadroadas no municipio, ou ben que o estiveran nalgún momento. As bases deste torneo poderán consultarse en breve na páxina web do Concello.

O Concello de Ordes, organizador desta cita, agradece a colaboración de Sportec para a súa posta en marcha.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo