Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Lara López, brillante actuación no Campionato Galego de Inverno de Salvamento e Socorrismo
06/02/2019 (Ordes)

Ordes, 6 de febreiro de 2019. Excelente actuación da ordense Lara López Fernández no Campionato Galego de Inverno de Salvamento e Socorrismo, disputado durante a pasada fin de semana en Ourense.

     Lara López regresou á casa como nova campioa galega júnior nas probas de 100 metros remolque de manequín con aletas, na de relevos 4x25 metros remolque de manequín e na de 4x50 metros combinada. Ao seu xa engrosado palmarés hai que lle engadir tamén o título de subcampioa galega júnior de 100 metros socorrista.

     O Club SASA, do que forma parte Lara López, proclamouse o mellor do campionato.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo