Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Lara López, cuarta clasificada no XXXIII Campionato de España de Salvamento e Socorrismo Xuvenil Júnior e Absoluto de Inverno
07/03/2019 (Ordes)

Ordes, 7 de marzo de 2019. Destacada participación de Lara López Fernández no XXXIII Campionato de España de Salvamento e Socorrismo Xuvenil, Júnior e Absoluto de Inverno, disputado recentemente na piscina municipal de Torrevieja (Alacant).

   A deportista ordense rematou en cuarta posición nas probas de 100 metros socorrista júnior (a só 20 centésimas do bronce) e na de 100 metros remolque de manequín con aletas júnior. O alto nivel de Lara López quedou demostrado, unha vez máis, co feito de que mellorou ata en catro ocasións as súas propias marcas persoais durante o dito campionato.

 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo