Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Máis de 400 participantes no Sábado de Piñata de Ordes
07/03/2019 (Ordes)

O desfile arrancará ás 17 horas dende Alfonso Senra ata chegar ao Campo da Feira, onde se celebrará o gran concurso de disfraces, que este ano repartirá preto de 4.500 € en premios

Ordes, 7 de marzo de 2019. Ordes agarda con ansia unha das súas citas festivas máis importantes do ano. O Sábado de Piñata, que terá lugar esta vindeira fin de semana, congregará a máis de 400 persoas no gran desfile que percorrerá as principais rúas do pobo. Dará comezo ás 17 horas pola avenida Alfonso Senra, pasando polas rúas O Recreo, Campeiras, Alfonso Lesta e Feira, ata desembocar no Campo da Feira que, novamente, será o escenario para o concurso de disfraces.

     Nesta ocasión contarase coa participación de 10 inscricións na categoría individual e 13 comparsas entre adultas e menores. Tamén se contará con tres impresionantes carrozas. En total optarán a algo máis de  4.400 € en premios. Un ano máis o Concello de Ordes conta co apoio e co patrocinio de Seguros Reale e Jaime Castro asesores.

      A celebración do Sábado de Piñata obrigará a realizar cortes puntuais do tráfico rodado a partir das 16.30 horas na avenida Alfonso Senra e nas rúas O Recreo, Campeiras, Alfonso Lesta e Campo da Feira. Precisamente neste último espazo quedará restrinxido o estacionamento de vehículos dende primeira hora da mañá. En todo momento efectivos da Policía Local indicarán os desvíos provisionais, os cales estarán debidamente sinalizados. O Concello de Ordes lamenta as molestias que estes cambios poidan ocasionar.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo