Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Máis de 80 patinadores e patinadoras participan no Trofeo Deputación da Coruña de Patinaxe
28/01/2019 (Ordes)

Ordes, 28 de xaneiro de 2019.   Esta fin de semana disputouse en Ordes o Trofeo Deputación da Coruña de Patinaxe Artística (fase provincial). Sobre a pista do pavillón Castelao I déronse cita máis de 80 patinadores e patinadoras, os mellores da provincia da Coruña.

        Antía Calvo Grela, Lucía Deus Recouso, Daniela Iglesias Gende, Alba Diéguez Veiras e Lara Reboredo Franqueira foron as representantes locais en varias das categorías.

     Xiana Royo, Martina Fernández e Olivia Rey foron as mellores alevíns. As mellores marcas na categoría infantil obtivéronas Unai Cereijo, Diego Íñiguez e Jorge Sanmartín, no caso da masculina; e María Grela, Antía Lourido e Alejandra Olveira na feminina. Por outra banda, a clasificación cadete estivo encabezada por Lucía Fernández, Soraya Santos e Paula Rey, mentres que na júnior o fixeron Noelia Rodríguez, Manuela Vila e María Iglesias. Por último, Isis Basanta, Martina Bravo e María Castedo proclamáronse gañadoras na sénior.

    Ana Soneira, concelleira de Deportes, entregou os trofeos aos gañadores e gañadoras desta competición, a cal foi organizada polo Club Galia e patrocinada por Deleite. Nela tamén colaboraron tanto a Xunta de Galicia, como a Deputación da Coruña, Deporte Galego, Federación Galega de Patinaxe e o mesmo Concello de Ordes.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo