Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Martínez Sanjurjo e Susana García asisten aos actos do bicentenario do pasamento do Dr. Balmis
10/06/2019 (Ordes)

Ordes, 10 de xuño de 2019. O alcalde de Ordes e a concelleira de Educación en funcións, José Luis Martínez Sanjurjo e Susana García, asistiron esta fin de semana á conmemoración do bicentenario do pasamento do Dr. Francisco Javier Balmis, quen en 1803 dirixiu a expedición filantrópica da varíola xunto con Isabel Zendal. Tamén estiveron acompañados pola súa compañeira Jessica López. Precisamente foi a asociación que leva por nome o da enfermeira ordense, encargada do coidado dos nenos e nenas que transportaron por inoculación o remedio que supuxo a erradicación desta praga, a encargada de organizar os actos. Pilar Farjas, presidenta da dita asociación, exerceu de anfitrioa.

    O lugar escollido foi o porto da Coruña, espazo onde se levou a cabo unha recreación histórica na que varios alumnos e alumnas do colexio Labarta Pose de Baio foron os máximos protagonistas. Tiveron ocasión de embarcarse en dúas goletas e facer un percorrido pola ría, ademais de realizar unha ofrenda floral ante o monumento erixido na memoria de Isabel Zendal e dos seus nenos e nenas.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo