Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Nova campaña contra a violencia machista
09/09/2019 (Ordes)

Ordes, 9 de setembro de 2019. O Concello de Ordes, en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Ordes (ACORDES), está a levar a cabo unha nova campaña contra a violencia machista. Dende os comercios de Ordes están a facer entrega á súa clientela de 3.000 bolsas con mensaxes que animan a dar a coñecer e denunciar aqueles casos de agresión e violencia contra as mulleres. Hai escasos días as concelleiras Susana García e Yessica López facían entrega das bolsas a Natalia Vilariño, presidenta de ACORDES. Ademais da asociación local, nesta iniciativa participan tanto o Concello como o Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo