Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Novo circuíto cultural en Ordes
11/01/2019 (Ordes)

Aberto o prazo de inscrición para participar nos cursos programados ata o mes de xuño. Informática, costura, poda e enxertos, baile moderno, cestería tradicional, xoiería e complementos ou patchwork son algunhas das opcións

Ordes, 11 de xaneiro de 2019.   O Concello de Ordes acaba de abrir o prazo de inscrición para participar no novo circuíto de actividades culturais, o cal se desenvolverá ao longo dos vindeiros meses (de febreiro a xuño). As persoas interesadas poderán apuntarse ata o 24 deste mes no Departamento de Cultura.

     No programa figuran cursos de cociña (infantís e adultos) ademais dos de repostería para nenos e nenas entre os 6 e os 11 anos. Tamén hai clases de informática (Iniciación e de usuario 1 e 2) e para aprender a correcta utilización de smartphones e tabletas.

     Os afeccionados e afeccionadas á danza poderán participar nas clases de baile moderno (ata os 16 anos), mentres que os que prefiran a natureza e o cultivo de plantas e árbores contarán con obradoiros de poda e enxertos (sábados de febreiro) e tamén de enfermidades e pragas (sábados de marzo). En ambos os casos traballarase tanto con froiteiras como con produtos de horta.

     Quen teña preferencia polo fío e a agulla conta con clases de costura e de patchwork. Outros cursos son os de cestería tradicional, elaboración de produtos naturais e de xoiería e complementos.

     As clases desenvolveranse de luns a venres en horario de tarde. Nalgúns casos impartiranse os sábados pola mañá. Os prezos oscilan entre os 25 e os 72 € habendo descontos para familias numerosas, maiores de 65 anos e persoas cunha discapacidade a partir do 33%.

     Para máis información pódense consultar as páxinas web do Concello de Ordes e da Mancomunidade de Ordes. Tamén o Twitter e o Facebook do Concello de Ordes ou ben chamando ao 98168002 (ext. 4).

   


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo