Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Novo convenio entre os concellos de Ordes, Frades e Mesía para a posta en marcha do obradoiro de emprego Brañas do Illó-Río Samo II
07/06/2019 (Ordes)

Poderán formar parte del un total de 20 alumnos/as-traballadores/as. O importe total desta nova iniciativa formativo-laboral ascende a algo máis de 376.000 €

Ordes, 7 de xuño de 2019.  Esta mañá os alcaldes en funcións dos concellos de Ordes, Frades e Mesía, José Luis Martínez Sanjurjo, Roberto Rey e Mariano Iglesias respectivamente, asinaron a solicitude para a posta en marcha do obradoiro dual de emprego Brañas do Illó-Río Samo II.

     Deste xeito dáselle continuidade á primeira edición deste obradoiro cuxa data de remate será o vindeiro 1 de agosto e que leva desenvolvéndose ao longo dos últimos 9 meses. Unha vez máis a actividade forestal será a temática central desta iniciativa formativo-laboral da que formarán parte un total de 20 alumnos/as-traballadores/as e outras 5 persoas entre cadros de profesorado, administrativos/as e dirección. O prazo de inscrición farase público nos vindeiros meses.

     O importe acordado para este proxecto ascende a 376.371,23 €, sendo a partida máis destacable a asignada para custos de persoal, con 297.824 euros en total. Con isto vénselle de solicitar á Consellería de Economía, Emprego e Industria unha subvención de 324.896 € para sufragar estes e outros gastos. Deste  xeito a achega económica individual de cada concello ascendería a 22.866,60 €; 8.307,76 € e 5.865,08 € para Ordes, Frades e Mesía respectivamente. Ademais, tamén correrán cos seguintes gastos a partes iguais: 2.435,79 € para indemnizacións e 12.000 € gastos de traslado e desprazamentos para formación práctica.

   Colaboración administrativa

Unha vez máis o convenio deseñado para este novo obradoiro baséase no principio xeral de colaboración en aras dunha mellor coordinación e eficacia administrativa. Unha medida que se traduce, entre outras vantaxes, na redución dos custos. O Concello de Ordes volverá figurar como entidade promotora, encargándose de todo o relacionado coa xestión e con aspectos de servizo, materiais e técnicos etc.

     Nesta ocasión as áreas onde se realizarán os traballos silvícolas son:

Concello de Ordes: Zona verde e parcela 85 do parque empresarial de Merelle, brañas do Pomariño (Buscás), Trillón (Buscás), Queiroal (Ardemil), Chousa (Ardemil), Brañas (Ardemil), área Adina-O Mesón do Vento, campo da festa de Parada, contorno da capela de San Pedro de Adrán (Vilamaior), contorno das Marchás (Vilamaior), leiras do campo de fútbol de Barbeiros, a Revolta de Mosqueira (Leira) e o prado de Ramos (Barbeiros).

Concello de Frades: Leira O Carballal (Papucín), campo de fútbol de Vitre, punto limpo de Frades-Mesía, ponte Carballa, leira A Presa (Gafoi), local social de Añá, praza da Ponte Carreira, área do muíño de Céltigos,  Os Pasos de Aiazo, leira Gasalla (Abellá), piscina municipal de Papucín e leira do campo de fútbol de Ponte Carreira.

Concello de Mesía: Prazas de Albixoi, Boado, Mesía e Bascoi, área recreativa de Olas, praza de Visantoña, área deportiva de Xanceda, viveiro municipal (Cumbraos), leira en Rivas (Mesía), leira Braña do Vilar (Albixoi) e brañas de Valga (Albixoi).


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo