Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Novos columbarios no cemiterio do Valado
05/06/2019 (Ordes)

O investimento desta obra ascende a algo máis de 39.500 euros

Ordes, 5 de xuño de 2019.  O cemiterio municipal do Valado conta cunha nova construción. Trátase de catro módulos con 32 columbarios cada un (128 en total) construídos en granito. O importe total desta obra ascende a 39.567,19 euros.

     O deseño dos columbarios é de corte tradicional, perfectamente integrado co contorno, con materiais e solucións construtivas similares aos módulos xa existentes no cemiterio. Cada un deles sitúase sobre unha soleira rectangular de formigón armado.

     José Luis Martínez Sanjurjo e Ana Soneira, alcalde e primeira tenenta de alcalde en funcións do Concello de Ordes, supervisaron no día de onte o remate desta obra.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo